Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Dinamización da Sociedade da...

NOVAS TECNOLOXÍAS: RDSI

O Centro de Dinamización da Sociedade da Información de Carballo situado no Telecentro pecha o mes de xullo con 23 usuarios e usuarias máis

Venres 31 de xullo do 2009

En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar no concello en xaneiro de 2007 son xa 631 os usuarios e usuarias quen teñen feito o carné da Rede de Dinamización da Sociedade da Información (RDSI). Neste tempo leváronse a cabo 57 obradoiros nos que se formou a 504 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 2 charlas e 7 iniciativas, nas que participaron un total de 40 persoas. Por outra banda hai que informar que a Rede de Dinamización da Sociedade da Información e a aula aberta situada no primeiro andar do Telecentro do Pazo da Cultura no permanecerán pechadas dende o luns 3 de agosto até o xoves 3 de setembro.

A Rede de Dinamización é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar á cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da información. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Carballo, chamar ao teléfono 981 704 300 ou mandar un correo a <soraya.carballo@dinamiza.sociedadedadainformacion.eu>.

Compartir: