Inicio Carballo ao día Hemeroteca A maxia, a danza, os conxuros e a...

VERÁN CULTURAL: VENRES 31 DE XULLO

A maxia, a danza, os conxuros e a tradición galega mestúranse no espectáculo do Mago Teto

Venres 31 de xullo do 2009

O argumento da actuación xira en torno a unha xuntanza inesperada. Cando o Mago Teto volta de facer unha actuación nunha verbena na Costa da Morte, tropézase coa Santa Compaña, que o condena a facer as súas maxias por Galicia adiante para salvar as almas en pena e incluso para salvar a súa propia vida. Con esta maldición ás costas, o mago terá que buscar unha solución para acadar a salvación e non estar condenado a vagar eternamente polos montes de Galicia. E isto só é o comezo da historia dun conflito entre unha persoa e o destino.

Os artífices deste espectáculo son Héctor Guerra, como Mago Teto; María Roja, como Dama do Castro; Aitor Rei, de xudeu errante e Belcebú; Darío Loureiro, como Neno; Jorge Prieto, de meigas e almas; e tamén está a presenza da Santa Compaña Band con Vadzim Yukhnevich no acordeón, Harry Price no violín, Carlos Freire na percusión e Iago Rodríguez no baixo. 'A maxia da Santa Compaña' está dirixido por José Luis Prieto Roca e conta con música orixinal de Vadzim Yukhnevich. A asistencia ao espectáculo é de balde.

Compartir: