Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a celebración da 'I...

MÉRCORES 5 DE AGOSTO NO PAZO DA CULTURA

Carballo acolle a celebración da 'I Xornada Galega do Deporte e Turismo Sen Barreiras'

Venres 31 de xullo do 2009

A Xornada está organizada polo Concello e o Centre d´Esport Adaptat de La Molina (en Girona), que está patrocinado pola Fundación Cruÿff. Ademais, conta coa colaboración da Asociación Íntegro, de Raz SurfCamp e de Aspaber. Así mesmo, está patrocinada por Aporta Comunicación. Con esta iniciativa o Concello vén a demostrar o seu compromiso coas persoas que posúen diversidade funcional ou mobilidade reducida e pretende seguir "avanzando na dirección correcta" para acadar "a integración de todas as persoas", segundo Ferrero, quao que tamén acompañaron na presentación o Concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín, o deportista carballés Manuel Cantelar e representantes de Íntegro.

O programa da Xornada inclúe a presenza de deportistas galegos e tamén de alto nivel na competición internacional. O Alcalde subliñou a asistencia de Chano Rodríguez, un nadador medallista olímpico que quere bater o récord de resistencia en augas abertas de David Meca cunha travesía de 25 horas. Estarán así mesmo Manuel Caramés, que compite na especialidade de handybike e Manuel Cantelar. No que respecta ás diferentes asociacións de deporte adaptado, acudirán Alexia Tauler, da Asociación Play and Train, Mariona Masdemont, técnica do Centre d´Esport Adaptat de La Molina e un representante da Asociación Ambar de Ribeira. Tamén participarán Adolfo López, presidente da Asociación Íntegro e Alejandro Vázquez, xerente do Raz SurfCamp. Outra das intervencións destacadas será a de Manuel Amil, presidente da Rede Española de Turismo Accesible.

Compartir: