Inicio Carballo ao día Hemeroteca As principais asociacións para...

ÉXITO DA I XORNADA DO DEPORTE E TURISMO SEN BARREIRAS

As principais asociacións para discapacitados de Galicia reclaman accesibilidade ao deporte e a implicación das administracións e do sector privado

Venres 7 de agosto do 2009

Os participantes denunciaron tamén a pouca cobertura que se lle da aos deportes que practican os discapacitados, a non ser que acaden un feito moi destacado, en comparación cos deportistas ordinarios. Outra das diferenzas que atopan no deporte para discapacitados, é que teñen que pagar o dobre polo seu equipamento, desprazamentos, aloxamento e a dificultade que teñen para conseguir patrocinios e axudas públicas, así como a ausencia de deporte de base, escolar e de veteranos para as persoas con discapacidade.

Ao finalizar a Xornada recoñeceuse que aínda queda un longo camiño neste campo por percorrer, o que non se considera como un feito negativo. E destacouse o turismo accesible e o deporte adaptado como novos nichos de mercado. Na 'I Xornada Galega do Deporte e Turismo sen Barreiras' estiveron representantes de entidades coma Cogami, Íntegro, Centre D'Esport de La Molina -patrocinado pola Fundación Cruyff-, Play & Train e Ambar, entre outros. Tamén asistiron os deportistas Martín Varela, Manuel Cantelar, Manuel Caramés e estaba previsto que asistise o nadador Chano Rodríguez, pero estase a recuperar da súa travesía nas Rías Baixas a pasada fin de semana, na que nadou 24 horas e 55 minutos.

Compartir: