Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle o 'I Circuíto de...

O 23 DE AGOSTO EN BÉRTOA

Carballo acolle o 'I Circuíto de Bicicletas Todo Terreno (BTT) 12 horas' nun percorrido de 17 quilómetros

Luns 10 de agosto do 2009

Hai que subliñar que está previsto habilitar para os participantes unha zona de acampada gratuíta, así como un espazo para duchas e unha carpa para comida, ceas e avituallamentos. Así mesmo, os corredores contarán cun chip que servirá para saber en todo momento o número de voltas que realiza cada un deles, así como o tempo que tardan en efectuar o percorrido. O tempo medio estimado por volta é dunha hora e trinta minutos. Cada corredor deberá levar un casco regulamentario obrigatorio, unha bicicleta en bo estado e unha mochila de hidratación ou bote de auga. Recoméndase levar unha cámara e ferramentas, así como un teléfono móbil.

Na presentación desta cita estiveron presentes o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o presidente do Club Ciclista Placasa, Manolo Seoane, e varios integrantes da Peña Ciclista Media Ducia. O director da proba, Moncho Ríos, quixo subliñar á súa vez que o espírito da cita tamén é "pasalo ben" máis que unha competencia, polo que poden participar ciclistas de alto rendemento, pero tamén persoas de todas as idades que queiran simplemente facer o circuíto e practicar ciclismo. Por ese motivo, tamén habera un circuíto BMX (de moto cross) para desfrute dos asistentes.

Compartir: