Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle os días 29 e 30 de agosto...

OS COMPRADORES/AS DISPORÁN DE FACILIDADES ESPECÍFICAS E FINANCIAMENTO ESPECIAL

Carballo acolle os días 29 e 30 de agosto unha nova edición de Berocasión

Venres 21 de agosto do 2009

A feira do vehículo de ocasión de Carballo, un evento xa consolidado e que forma parte da promoción do Feirón de Verán, contará nesta nova edición cunha exposición de máis de 400 vehículos.

Esta mostra, que estará situada nas rúas lindantes co Parque do Rego da Balsa (Rúa Anxel Fole, Rúa Enríquez Sánchez e Rúa Avilés de Taramancos) e abrirá en horario de 10.00 a 22.00 horas.

O público asistente atopará vehículos de ocasión, seminovos, de quilómetro cero, nacionais e de importación, todoterreos, furgonetas, etc..., cunha garantía mínima de un ano.

Os compradores e compradoras contarán con facilidades específicas como un financiamento especial para a feira, a posibilidade de recollida do coche vello, así coma do aproveitamento das axudas estatais e da comunidade autónoma.

Para facilitar a instalación e o funcionamento da feira o Concello de Carballo cortará o acceso as rúas Ánxel Fole, Enríquez Sánchez e Avilés de Taramancos, desde o venres 28.

Compartir: