Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo colaborará coa...

AXUDAS PARA A IMPLANTACIÓN DA TDT

O Concello de Carballo colaborará coa cidadanía na tramitación das axudas para solicitar o sintonizador de TDT

Venres 4 de setembro do 2009

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio vén de poñer en marcha un plan de apoio aos colectivos en risco de exclusión que consiste na cesión de decodificadores aos membros destes colectivos que non dispoñan do mesmo e que residen nos municipios incluídos na Fase I do Plan Nacional de Transición á TDT, entre eles o de Carballo.

Entre os requisitos que deben cumprir as persoas solicitantes para poder acceder a estas axudas están os de ter 65 ou máis anos e unha dependencia recoñecida de nivel II ou III; ter un grado de discapacidade do 33% ou superior -deberá constar como unha das súas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual- ou ter más de 80 anos e vivir só/soa ou acompañado/a de outra persoa tamén maior de 80 anos.

O Concello de Carballo colaborará con todos aqueles veciños e veciñas que precisen axuda na tramitación destas axudas. Para iso pon a disposición de todos eles o teléfono 981 757 693 (Técnico Local de Emprego).

Compartir: