Inicio Carballo ao día Hemeroteca O equipo Maristas de Algemesí, vencedor no...

GRANDE AFLUENCIA DE PÚBLICO

O equipo Maristas de Algemesí, vencedor no VI Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo

Mércores 16 de setembro do 2009

Hai que subliñar que o xogador do Maristas, Miguel Bueno Carrasco, foi elixido mellor xogador do torneo e o gardameta Josep B. Borrás, do mesmo equipo, acadou o galardón de mellor porteiro. Na terceira posición quedou o equipo portugués do ABC Braga que derrotou, noutro igualado partido, por 29-27 á SD Teucro no encontro polo terceiro e cuarto posto. Na quinta e sexta posición remataron o Ademar de León de segundo ano e o Maristas de Algemesí de primeiro ano.

Finalmente pecharon a clasificación dun torneo que destacou pola calidade de todos os conxuntos participantes, os dous equipos das Escolas de Balonmán Xiria. Oitavo foi o EB Xiria A e sétimo o EB Xiria B, equipo que non puido acadar unha mellor clasificación ao non poder contar co seu mellor xogador, David, no derradeiro partido da fase de grupos rematando na derradeira posición do seu grupo pola gol averaxe.

A organización quere resaltar a grande deportividade amosada por todos os equipos, tanto dentro como fóra da cancha, así como a destacada afluencia de público durante os dous días de desenvolvemento do torneo. Os interesados en consultar a clasificación final en pdf poden facelo nesta mesma nova.

Compartir: