Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pon en marcha unha campaña...

ATÉ MEDIADOS DE OUTUBRO

O Concello pon en marcha unha campaña informativa para impulsar o sector da construción

Xoves 17 de setembro do 2009

De aí a necesidade, contando co acordo do propio sector da construción no municipio, de por en marcha unha importante campaña de comunicación conxunta, que ten como principal público obxectivo a xente que se move pola cidade da Coruña: residentes, visitantes e xente que traballa na cidade. A campaña inclúe máis de 50 insercións nos principais medios de comunicación escrita da zona, máis de 500 cuñas de radio en 10 diales diferentes e máis de 40 mupis (mobiliario urbano das rúas destinado á exhibición de información e publicidade) na Cidade Herculina. Iniciouse xa o pasado 31 de agosto e hase prolongar ata mediados do mes de outubro, máis aínda no caso do casco urbano de Carballo, onde tamén se fará unha campaña de mupis.

Desde o Concello, aprovéitanse tamén as sinerxías derivadas dun plan de comunicación máis xeral e así preténdese tres obxectivos principais: que a xente visite Carballo e desfrute dos seus recursos turísticos; que a xente veña a residir a Carballo e acabe adquirindo vivenda aquí; acadar inversión de empresas de fóra de Carballo, pensando fundamentalmente no Parque Empresarial de Bértoa. Estes obxectivos son os dunha campaña máis xeral que se reflicte, así mesmo, na nova web municipal, que consta tamén de tres seccións principais: unha máis institucional de atención á cidadanía; a de 'Vive Carballo', dedicada ao tempo de lecer de residentes e visitantes; e a de 'Inviste en Carballo', que persegue precisamente recadar inversión de fóra do Concello e a promoción do Parque Empresarial de Bértoa.

Maís información en <casasencarballo.com>.

Compartir: