Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca a XII edición do Xiria Pop na que...

18 E 19 DE SETEMBRO A PARTIRES DAS 22.00 HORAS

Arrinca a XII edición do Xiria Pop na que oito grupos encherán de sons a Sala Dublín carballesa

Venres 18 de setembro do 2009

Unha mestura de música galega, española e australiana que mantén a internacionalidade dun festival que figura entre as revistas musicais de máis sona e que xa é unha cita de referencia nos circuítos. Entre a oferta musical hai que subliñar un feito excepcional, a volta aos escenarios dos ourensáns 'Cosecha Roja'. Precisamente, todos os asistentes que compren o abono para o Xiria Pop terán un agasallo que nesta edición é un disco recompilatorio deste grupo, editado por eles mesmos en colaboración con Hunky Punky Records e O Molete Psicopop, asociación que organiza o festival.

En canto ao prezo da entrada, é de 10 euros cada día, mentres que o abono é de 15 euros e garante o acceso a todas as actuacións tanto do venres coma do sábado. A apertura das portas está prevista nas dúas xornadas ás 22.00 horas. Por último, hai que resaltar que o Xiria Pop sempre conta con actividades paralelas. Neste caso, destaca unha exposición do mítico selo Stiff Records na Cafetería Valle-Inclán e no Pub A Reserva, unha mostra que poderá verse ata despois do festival no horario de apertura dos locais.

Compartir: