Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello promociona o espazo natural da lagoa...

MEDIO AMBIENTE E NOVAS TECNOLOXÍAS

O Concello promociona o espazo natural da lagoa de Baldaio coa difusión dun vídeo divulgativo

Venres 18 de setembro do 2009

O vídeo foi rodado a través dunha subvención da Consellería de Medio Ambiente pensada para a promoción dos espazos naturais incluídos na Rede Natura 2000, como é o caso da lagoa de Baldaio que tamén é un espazo de especial protección de aves (ZEPA), así como un Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Foron un total de 30 horas de rodaxe das que se extraeu a selección de imaxes que conforman o documento. A banda sonora foi especialmente composta para o vídeo, no que se aproveitou a época do outono para observar as migracións das aves e evitar a época turística. Este pequeno documental conta con catro versións distintas, en distintos formatos, así como en galego e castelán, para facilitar a súa difusión.

"O obxectivo era facer algo sen moito peso para que se poida difundir con rapidez, e verse e reenviarse con facilidade", subliña José Antonio Viña, Concelleiro de Medio Ambiente, que presentou o documento xunto co Alcalde, Evencio Ferrero. Así mesmo, hai que destacar que dentro da convocatoria da Consellería, Carballo foi o único Concello que plantexou un proxecto audiovisual para a difusión do seu espazo natural, xa que a maioría das actuacións centráronse na mellora da sinalización. O vídeo estará dispoñible a través das redes sociais e tamén é posible descargar fondos de pantalla sacados do vídeo nesta mesma nova.

Por último, os veciños e veciñas que o desexen poden ver o vídeo:

Compartir: