Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle até o 4 de...

O ARTISTA CARBALLÉS MANUEL FACAL PARTICIPA NA MOSTRA

O Pazo da Cultura acolle até o 4 de outubro a exposición 'Arte na provincia. Espazo e creación'

Venres 18 de setembro do 2009

Hai que subliñar a presenza na selección de traballos do artista carballés Manuel Facal, que colabora na exposición con dúas obras e que na súa inauguración subliñou esta oportunidade como un xeito de recoller "unha estética moi distinta de cómo era a pintura hai 50 anos e cómo é hoxe en día". Xunto con el, están na mostra Isaac Díaz Pardo, Felipe Criado, José González Collado, Gerardo Porto, Luís Caruncho, Alfonso Abelenda, Bea Rey, Elena Gago, Urbano Lugrís Vadillo, Manuel Facal, Siro López Lorenzo, Manuel Romero, Alfonso Costa, Soledad Penalta, Ferreiro Badia e Chelín.

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo resaltar a presenza de moitos autores da xeración do 40, e convidou a todos os veciños e veciñas a que se acheguen a desfrutar das obras de artistas consagrados de toda a provincia. O acto de inauguración contou así mesmo coa presenza da Deputada responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Caridad González Cerviño, que quixo salientar as características da sala da baixocuberta do Pazo "un lugar que se adapta a calquera tipo de exposición" e subliñou positivamente "o xeito dos carballeses de acoller a oferta cultural da Coruña".

A exposición estará aberta ao público de luns a domingo no horario habitual, de 18.00 a 21.00 horas.

Compartir: