Inicio Carballo ao día Hemeroteca A XVIII edición do Festival Internacional...

A PROGRAMACIÓN CENTRARASE EN FORMATOS MÁIS CLASICOS

A XVIII edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) contará coa presenza da coñecida actriz Lola Herrera

Luns 21 de setembro do 2009

En liñas xerais e como ven sendo habitual, intentarase, por unha banda, asegurar a presenza das compañías máis notables do actual panorama escénico español e, pola outra, manter outras que xa visitaron o Festival e acadaron grande éxito entre o público. En todo caso, a presenza de Lola Herrera na XVIII edición do FIOT é todo un privilexio para aqueles espectadores do festival tanto de Carballo como da comarca de Bergantiños e arredores, pois é unha oportunidade única de desfrutar dunha das figuras máis importantes da historia do teatro español. Lola Herrera conta con máis de 40 anos de traxectoria tanto en teatro como en televisión, polo que ten un amplísimo rexistro que a fai unha das mellores actrices do panorama teatral español.

Durante a súa ampla carreira ten acadado importantes premios en teatro como o Fotogramas de prata á mellor actriz de reparto ou o Premio Max de Teatro á mellor actriz polo seu papel en 'Soas'. Ademais, ten acadado a Medalla de Oro do Círculo de Bellas Artes polo seu monólogo en 'Cinco horas con Mario'. O seu compañeiro na escena, Juanjo Artero, conta cunha importante traxectoria en teatro e televisión, aínda que saltou á fama nos anos 80 pola súa participación na popular serie 'Verano Azul'. Dende os anos 90 ten participado en numerosos espectáculos de teatro, series de televisión e cine.

Compartir: