Inicio Carballo ao día Hemeroteca Portos de Galicia adxudica de xeito provisional...

O IMPORTE SUPERA OS 370.000 EUROS

Portos de Galicia adxudica de xeito provisional os departamentos para usuarios do peirao de Razo

Mércores 23 de setembro do 2009

O proxecto inclúe a construción de 20 casetas que ocuparán máis de 350 metros cadrados dentro dunha parcela de máis de 2.000 situada no peirao de Razo. A actuación está incluída dentro do plan de Portos de Galicia deseñado en 2007 para mellorar a operatividade do porto, no que tamén estaba incluída a limpeza dos fondos mariños situados preto da zona de amarre das embarcacións. O obxectivo destes traballos e substituír as construcións actuais, nun avanzado estado de deterioro, por outras máis modernas e funcionais, cunha mellor integración no entorno natural.

Deste xeito, os departamentos para usuarios están pensados con criterios que minimicen o impacto visual, proxectándose os edificios en varios volumes pequenos en vez de nunha única construción. Dende a presentación do proxecto, o organismo Portos de Galicia ten recollido as impresións tanto do Concello de Carballo como dos propios usuarios das casetas, unhas suxestións que teñen sido incluídas no proxecto, que foi licitado o 21 de abril deste ano coa correspondente publicación no DOG. Os interesados e interesadas poden consultar os detalles polo miúdo na páxina web de Portos de Galicia, no Perfil de Contratante.

Compartir: