Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Dinamización da Sociedade da...

MODIFICACIÓN DO HORARIO DA AULA ABERTA

O Centro de Dinamización da Sociedade da Información situado no Telecentro oferta cinco novos cursiños no mes de outubro

Martes 29 de setembro do 2009

En canto á temática, quendas e horarios dos cursiños, os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

  • Iniciación á Informática: pretende capacitar aos usuarios/as para que sexan quen de manexar con certa soltura os obxectos (arquivos, cartafoles, ferramentas ...) e funcionalidades básicas que ofrece un computador. Realizarase en dúas quendas; quenda de mañá: de luns a venres, do 5 ao 13 de outubro; e quenda de tarde: de luns a xoves, do 5 ao 14 de outubro.
  • Iniciación á Internet: con este obradoiro os/as participantes serán capaces de utilizar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede de Internet. Asemade farase en dúas quendas; a quenda de mañá será de luns a venres, do 14 ao 19 de outubro; e quenda de tarde de luns a xoves, do 15 ao 21 de outubro.
  • Creación dunha conta correo electrónico: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase en quenda de mañá de luns a venres, do 20 ao 22 de outubro, e na quenda de tarde de luns a xoves do 22 ao 27 de outubro.
  • Elaboración do currículo co ordenador: este obradoiro pretende facer que os usuarios/as sexan capaces de crear un currículo empregando o ordenador. Vai ter lugar na quenda de mañá, de luns a mércores do 26 ao 28 de outubro, e na quenda de tarde entre luns e xoves, do 28 de outubro ao 2 de novembro.

  • Cada un destes obradoiros contará con dúas quendas, co seguinte horario:
    • Quenda de mañá: de 10.45 a 12.45 horas.
    • Quenda de tarde: de 16.30 a 18.30 horas.

  • Procura de emprego en Internet: ao remate deste obradoiro os/as participantes coñecerán como promocionar o seu currículo a través de Internet. Esta actividade terá lugar en horario de mañá os días 29 e 30 de outubro (xoves e venres) de 10.45 a 12.45 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades, os interesados e interesadas poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Carballo, sito no Pazo da Cultura, 1º andar (rúa do Pan, s/n), chamar ao teléfono 981 704 300 ou mandar un correo ao enderezo
<soraya.carballo@dinamiza.fundacioncalidade.org>. Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: <www.redededinamizacion.eu>.

Compartir: