Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Rúa dos Contos e o Concurso Escolar de...

FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO 2009

A Rúa dos Contos e o Concurso Escolar de Teatro Lido 'Xosé Manuel Eirís' regresan ao cartel do FIOT

Martes 29 de setembro do 2009

Por outra banda, o Festival Internacional Outono de Teatro tamén leva a escea aos máis cativos e cativas co Concurso Escolar de Teatro Lido 'Xosé Manuel Eirís', que chega á súa novena edición. Esta actividade ten por obxecto premiar aos grupos de rapaces e rapazas dos colexios e asociacións de Bergantiños que realicen interpretacións dun fragmento dunha obra de teatro a través da radio. Como en anos anteriores, as interpretacións emitiranse a través da emisora local de Radio Voz Bergantiños ao longo do mes de outubro.

Nesta IX edición hai como novidade a creación de dúas categorías diferenciadas por idades, unha ata os 10 anos e a outra de máis de 10 anos, cun total de 700 euros en premios en libros e material didáctico. O prazo de inscrición remata o 6 de outubro e aqueles colexios e asociacións que desexen participar poden anotarse nas oficinas do Pazo da cultura ou enviando a solicitude por fax ao número 981 704 302. Para máis información poden chamar á Concellaría de Cultura no 981 704 300 ou ao Museo de Bergantiños no teléfono 981 702 077.

Compartir: