Inicio Carballo ao día Hemeroteca Contacontos musicais arredor da lingua galega o...

CONTOS PARA FALAR

Contacontos musicais arredor da lingua galega o luns 5 e o martes 6 no Pazo da Cultura carballés

Luns 5 de outubro do 2009

Todos os nenos e nenas participantes recibirán de agasallo un libro e un CD coas pezas musicais da actividade. Nas sesións, que teñen lugar ao longo das mañás do 5 e 6 de outubro, participan un total de 450 nenos e nenas de entre 5 e 7 anos dos colexios Bergantiños, A Cristina, Gándara-Sofán, Fogar, Xesús San Luis Romero, Nétoma-Razo e CRA Ponte da Pedra. Esta actividade está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A serie 'Contacontos para falar' está incluída dentro do programa Literactúa do Concello de Carballo, e do programa 'Bocaberta' da Xunta de Galicia, en colaboración coa editorial Rodeira. O luns 5 de outubro é o turno do CEIP Bergantiños, o CEIP A Cristina, o Gándara-Sofán, o CEIP Fogar e o Xesús San Luis Romero, que levan nenos de entre 4 e 5 anos. O martes 6 tócalle aos nenos e nenas de Infantil e Primaria do CRA Ponte da Pedra, do CEIP Bergantiños, o CEIP Nétoma-Razo e o Fogar. As sesións están repartidas ámbolos dous días en tres quendas ás 10.00, 11.15 e 12.30 horas.

Compartir: