Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrincan no Pazo da Cultura os obradoiros...

HABERÁ SERVIZO DE CANGURAXE PARA OS VECIÑOS E VECIÑAS

Arrincan no Pazo da Cultura os obradoiros informativos do programa 'De ti depende. Carballo sostible'

Martes 6 de outubro do 2009

Esta semana o programa de actividades segue o xoves 8, tamén con dúas sesións que terán lugar ás 13.00 e ás 20.30 horas respectivamente. No primeiro caso será o segundo e último obradoiro destinado a técnicos e técnicas do Concello. Pola tarde, desenvolverase o primeiro dos obradoiros destinado aos empresarios e empresarias da comarca. O programa 'De ti depende. Carballo sostible' desenvólvese coa colaboración do Concello de Carballo e a Consellería de Medio Ambiente co obxectivo de sensibilizar na sustentabilidade, tocando especialmente dous temas: a mobilidade e o transporte e o desenvolvemento urbanístico.

Ademais da celebración de obradoiros de sensibilización, está previsto levar a cabo accións formativas, circuítos científicos de actividades experimentais e foros de participación. Trátase de actividades dirixidas especialmente a técnicos do Concello, ao tecido asociativo de carácter económico e profesional e ao tecido asociativo cidadán. O programa desenvólvese no Pazo da Cultura entre o 1 de outubro e o 11 de novembro. Os interesados e interesadas poden consultar nesta mesma nova un dossier informativo no que se recollen polo miúdo as características e obxectivos de cada actividade, así como o horario previsto para o desenvolvemento de todas as actividades incluídas no programa.

Compartir: