Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Rúa dos Contos e o monólogo de...

FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO

A Rúa dos Contos e o monólogo de David Amor son os encargados de levantar o pano da XVIII edición do FIOT

Mércores 7 de outubro do 2009

Na súa actuación, David Amor repasa polo miúdo grande parte da súa traxectoria, especialmente a súa vida, que confesa que non foi doada: houbo días que tivo que preparar o seu propio almorzo, metíase na cama coas sabas frías ou incluso quedou en máis dunha ocasión sen papel estando no váter. Humor de rúa para abrir o FIOT. O xoves 8 de outubro os espectáculos continúan con Avelino González (na imaxe) no pub O Patacón, a partires das 22.30 horas. Este humorista reflexionará sobre as consecuencias de que se cumpra o teu maior desexo: pode ser moi bonito, ou unha faena tremenda.

Pero a Rúa dos Contos cobra forza na fin de semana, cando se acumulan a maioría das actuacións:

  • Venres 9 de outubro
    • 21.00h: no bodegón O' Pescador Celso Fernández presenta 'Bicoca de boca en boca ou contos que non falten'.
    • 22.30h: Leo Arremecághona! no pub La Tentación co espectáculo 'Todos metidos nun Bote Tour '09'.
    • 00.00h: Yoni Medigramo estará no pub A Reserva.
    • 01.30h: no pub Silfo poderemos ver a Toñito de Poi.
  • Sábado 10 de outubro
    • 22.30h: Cándido Pazó na Cafetería Colón presenta 'O falar non ten cancelas'.
    • 00.00h: 'Cabaré Alemán' a cargo de Lilí Berlín no Valle-Inclán.
    • 01.30h: Mofa e Befa presentan 'Cociña Económica' no pub Silfo.
  • Domingo 11 de outubro
    • 22.30h: no mesón A Cabaña estarán Os dous de Xornes
    • 00.00h: Black Cherry Burlesque no Cosmic Pop Club.
    • 01.30h: no pub Silfo o clown Nono.

Compartir: