Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo ten recibido ao longo de...

OBRAS E SERVIZOS

O Concello de Carballo ten recibido ao longo de 2009 un total de 1.000 avisos de veciños de veciñas

Venres 9 de outubro do 2009

En porcentaxes, o segundo dos servizos que máis demandan os veciños e veciñas enmárcanse dentro do programa de Carballo Limpo, cun 37 por cento das demandas e un total de 356 avisos. Este servizo comprende diversas accións destinadas a conservar o medio ambiente grazas á colaboración da veciñanza, e dentro das súas actuacións inclúense, por exemplo, os labores de desratización ou os de mantemento dos colectores de recollida de lixo e de recollida selectiva. En terceiro lugar atópanse os servizos referentes a subministro de luz, auga, saneamentos ou teléfono, pero xa cun 5 por cento e un total de 55 avisos.

Logo están os avisos relacionados coa sinaléctica, é dicir, coa substitución e reparación de sinais de tráfico e carteis indicadores, cun total de 40 peticións que supoñen o 4 por cento do total. Tamén nun 4 por cen, aínda que con 35 avisos, están os referentes ao equipamento e ao mobiliario das instalacións deportivas e os edificios municipais. Os cidadáns tamén teñen atopado deficiencias na rede viaria, con 28 avisos que representan un 3 por cento do total. Téñense realizado labores de bacheado e arranxos de beirarrúas, entre outros. Por último, están as peticións referentes á limpeza de zonas verdes, parques, xardíns e zonas públicas en xeral, que son un total de 26 e supoñen o 2 por cen do total. Por meses, o que tivo un maior número de incidencias foi o de xaneiro, con 141, e a maioría das peticións céntranse no primeiro trimestre do ano. Por parroquias, a que rexistra un maior número de avisos é a de Carballo, seguida de Sofán e Cances.

Compartir: