Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Cicuíto de Bértoa acolle a...

12 DE OUTUBRO: UN TOTAL DE 102 INSCRITOS

O Cicuíto de Bértoa acolle a disputa do VII Motocross Concello de Carballo, proba incluída no Campionato Galego

Venres 9 de outubro do 2009

A organización, na que está a escudaría Motor Bergantiños, a Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Carballo, tamén informa de que antes do principio das carreiras haberá unha homenaxe en honor do desaparecido Manuel Rega Morales, pola súa labor como introductor o motocross en Carballo nos anos 50, cando se disputaban as carreiras no Campo da Feira. En canto ás novidades desta proba, tamén hai que subliñar a presenza dun premio especial. Por primeira vez nun campionato galego daráselle un agasallo extra ao piloto que atravese en primeiro lugar unha liña branca que estará situada na primeira curva despois da saída, o que se denomina, oficialmente, 'holeshot'.

A organización subliña, así mesmo, que as características técnicas do circuíto favorecen o desenvolvemento dunha proba rápida, cunha pista dunha lonxitude de 1.300 metros e un ancho de 8 metros. Un dos saltos máis espectaculares tamén conta cunha caída de máis de 30 metros de lonxitude. En canto á participación, está prevista a presenza de pilotos que teñen sido subcampións ou incluso campións de España. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo agradecer a colaboración das escudarías na disputa das probas dende que se fixo "o esforzo de actualizar o circuíto", que sinala que "está feito para o desfrute do espectador e do motorista".

Compartir: