Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello estudia a posibilidade de instalar una...

TRANSPORTE LIXEIRO

O Concello estudia a posibilidade de instalar una vía de metro lixeiro

Martes 15 de novembro do 2005

Os representantes da Cámara de Comercio apuntaron a necesidade de facer un estudio de viabilidade para comprobar se é factible a realización dunha infraestructura e servizo deste tipo. O porto exterior de Arteixo, como elemento dinamizador da industria da zona, podería ser importante para a consolidación dun sistema de transporte rápido, barato, e ecolóxico. Comisións Obreiras manifestouse a favor de apoiar a realización do estudio de viabilidade e acudir as reunións preceptivas para falar do asunto. O Concello de Carballo ten intención de contactar con Concellos de Laracha e Arteixo, tamén afectados por este posible proxecto, para sacar máis conclusións ao respecto.

Compartir: