Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado un convenio que regula a cesión...

ACORDO PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Aprobado un convenio que regula a cesión de terreos que permitirá a construción dun Centro Social en Cances

Martes 13 de outubro do 2009

No apartado de convenios, a Xunta de Goberno Local aprobou un tamén subscrito co organismo provincial para o sostemento dun Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) en Carballo. A achega máxima prevista por parte da Deputación é de 45.000 euros e o Concello será o encargado de subscribir os contratos necesarios que permitirán o desenvolvemento da actividade. A sesión extraordinaria serviu, por outra banda, para sacar adiante o Plan Municipal de prevención e defensa de incendios forestais, que se levará a cabo en colaboración coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

A Xunta de Goberno aprobou así mesmo o expediente de contratación relativo ao servizo de 'Asesoramento xurídico a inmigrantes e emigrantes retornados no Concello de Carballo', e tamén o expediente para o contrato que regula a 'Explotación da cafetería restaurante do Pazo da Cultura'. Por último, a orde do día inclúe a segregación de dúas parcelas situadas no polígono empresarial de Bértoa, así como doutra situada en Queo da Estrada. Ademais, concedéronse as subvencións para comunicades ou asociacións de veciños.

Compartir: