Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello principia unha campaña para...

ORDENANZA DE SEGURIDADE, SALUBRIDADE E HIXIENE

O Concello principia unha campaña para emprender a limpeza dos solares do casco urbano

Mércores 14 de outubro do 2009

Naqueles casos en que os propietarios non asuman a limpeza dos solares, o Concello abre un expediente no que se inclúe unha orde de execución dos traballos, na que se fixarán todas as obras a realizar, así coma o prazo máximo para efectualas. Transcorrido o prazo concedido para dar cumprimento á orde de execución, o Concello poderá ordenar a execución subsidiaria ou forzosa, mediante imposición de multas coercitivas e o pago dos traballos realizados.

O Concello lembra que as sancións teñen un importe que oscila entre os 300 e os 3.000 euros, e que a aplicación das sancións non exime aos propietarios da realización da limpeza. Se, en último caso, ten que ser o Concello o que asuma os labores, o propietario deberá pagar a multa, ademais do importe dos traballos. A administración local pide a colaboración dos veciños e veciñas para poder evitar a proliferación de predios baleiros no interior dos núcleos urbanos que poidan parecer pouco adecuados á estética urbana, coidando dun mantemento aceptable que evite o deterioro da imaxe externa e que garanta a seguridade.

Compartir: