Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Deputación, Ferrol, Boiro e Carballo...

A ACTIVIDADE TERÁ LUGAR NA NAVE 4 DO PROXECTO FÓRUM

A Deputación, Ferrol, Boiro e Carballo colaboran para que a Casa dos Oficios conte cun módulo formativo de hostalería de calidade

Xoves 15 de outubro do 2009

Ferrero e o tenente de Alcalde, José Antonio Viña, foron os anfitrións dunha visita de traballo na que, ademais de Villamar, tamén estiveron o deputado larachés Xan Sande, o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, a súa Concelleira de Facenda, Economía e Promoción do Emprego, Dores Torrado Ares, o secretario da Asociación de Hostaleiros de Ferrol, Carlos López e a voceira do grupo provincial do BNG, Rosana Pérez. Todos eles adquiriron o compromiso de colaborar para que o novo módulo conte con todas as garantías e permita ofrecer a mellor formación posible. Dende os hostaleiros de Ferrol subliñaron a necesidade de aprender dos erros e aportar a súa visión sobre a formación deste tipo, xa que contan coa experiencia de estar piques de poñer en marcha un módulo de hostalería no Centro de Formación de Ferrol.

Pola súa banda, o Alcalde de Boiro expresou a vontade do seu Concello de aproveitar esta iniciativa para poder "andar aprendendo" e aplicala no viveiro de empresas que están a construír no seu municipio. Por último, o Alcalde de Carballo reiterou a necesidade de "seguir os pasos doutros" que xa teñen iniciado a experiencia para "poder poñer en marcha o módulo aquí". A comitiva ten previsto realizar ás 17.00 horas unha visita ás instalacións do Fórum Carballo situadas no barrio da Milagrosa. Hai que lembrar que este proxecto conta co financiamento dos fondos europeos Feder, que achegan máis de tres millóns de euros, así como da Deputación provincial e do propio Concello de Carballo. Está previsto que as instalacións estean en marcha a finais do próximo ano.

Compartir: