Inicio Carballo ao día Hemeroteca A última das representacións...

CANDIDO PAZÓ RECOLLE O XOGRAR DE OUTONO

A última das representacións internacionais deixa paso á presenza do teatro galego na penúltima fin de semana do FIOT

Venres 23 de outubro do 2009

No que respecta a 'Fo', dous actores enriba dun escenario desenvolven unha linguaxe teatral con código propio, unha escenografía mínima e un derroche de creatividade, enxeño e humor. O pretexto de todo é Fo, un filoso-Fo cuxa extensa obra, sintetizada en máximas, permite ao dúo abordar temas banais, existenciais e trascendentais con toda naturalidade. Todo isto condimentado coas súas inconfundibles cancións e inigualables xogos malabares con palabras. Esta compañía arxentina, caracterizada pola súa extraordinaria habilidade para xogar coa linguaxe, fará rir ao público do Pazo da Cultura.

En canto ao sábado 24, hai que lembrar que o FIOT se vestirá de longo para entregar, antes da representación, o Xograr de Outono 2009, que recaeu na figura do autor, director de escea, narrador oral e actor Cándido Pazó. O premiado recollerá o galardón antes de que a compañía Teatro do Morcego e Seiva Trupe leve ao escenario do Pazo da Cultura a obra 'Kvetch: o rosmón'. Esta obra constitúe un espectáculo divertido, xubiloso, impúdico, devastador e feroz dos nosos medos, do estrés diario e frustracións de toda caste. Trátase dunha proposta dedicada a todos aqueles que teñen medo. Teatro do Morcego conmemora os seus 20 anos de traxectoria ofrecendo ao público a oportunidade de ver na escea a dous Xograres de Outono: a Celso Parada, director da compañía; e a Dorotea Bárcena, nun dos papeis principais.

Compartir: