Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo anima aos empresarios a que subscriban...

SINATURA DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MADRID

Carballo anima aos empresarios a que subscriban as axudas do Ministerio de Industria que xestionará na comarca o Pacto do Emprego

Venres 30 de outubro do 2009

Outra das vantaxes destas liñas de creto é que son perfectamente compatibles con outras do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica) a fondo perdido, por exemplo. Por outra banda, para concellos e entidades sen ánimo de lucro, como fundacións ou asociacións de empresarios, as axudas poden ser cretos nas mesmas condicións, coa diferenza de que, mentres que ás empresas finánciaselles ata o 50 por cen dos proxectos, aos concellos sería até o 75 por cento. Asemade, para estes últimos, tamén pode haber subvencións a fondo perdido de ata o 50 por cento. Outra das vantaxes é que os empresarios recibirían a financiamento antes do inicio da execución material dos seus proxectos.

Está previsto que a convocatoria destas axudas sexa no mes de novembro, mentres que o ingreso estaría feito en abril ou maio de 2010. A devolución das axudas sería a partir de 2015, con dez anos de máximo para poder devolver o creto. En canto á colaboración do Pacto do Emprego, está previsto que dende esta entidade se poida impulsar e asesorar ás empresas que estean en disposición de acudir ás axudas de Industria. Ademais, representantes do Pacto Territorial participarán no proceso de avaliación e aprobación das axudas conxuntamente co Ministerio. Este convenio é froito de varias xuntanzas entre membros do Pacto do Emprego, como a que pode observarse na imaxe.

Compartir: