Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello vén de realizar, en...

SEGURIDADE VIARIA: NON SE TEÑEN ATOPADO IRREGULARIDADES

O Concello vén de realizar, en colaboración coa DGT, a revisión dos vehículos de transporte escolar do municipio

Martes 3 de novembro do 2009

Na normativa, recóllese a obriga de que os menores vaian acompañados no autobús por unha persoa debidamente cualificada, ademais de marcarse a antigüidade máxima dos vehículos destinados a este tipo de servizo, o seguro de responsabilidade civil necesario ou a obrigatoriedade de levar un sinal de transporte escolar, entre outros. A DGT explica que, no que vai de ano, téñense producido 36 accidentes con vítimas en autobuses escolares, dos cales, 25 tiveron lugar en estradas e 11 en vías urbanas. De aí, a necesidade de extremar as precaucións.

A Dirección General de Tráfico agradece a colaboración do Concello de Carballo na realización desta campaña, xa que, a importancia do transporte escolar e de menores en zonas urbanas, fundamentalmente nos lugares nos que existe unha maior concentración de centros de ensino, fai que a participación dos concellos nesta actividade sexa fundamental para poder levala a cabo. O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Benedito Viña, resaltou a importancia desta revisión e subliñou o feito de que non se teñan atopado irregularidades nos autobuses.

Compartir: