Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados en 260.000 euros os traballos para a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados en 260.000 euros os traballos para a execución dun centro social en Cances da Vila

Luns 9 de novembro do 2009

No apartado de subvencións, a Xunta de Goberno sacou adiante a Convocatoria das Subvencións para a realización do Programa Anual de Actividades 2009, que teñen por obxecto colaborar coas asociacións culturais do municipio de Carballo na realización dun programa estable de actividades. O orzamento previsto para as axudas é de 19.945 euros. No que respecta aos convenios, ampliouse o relativo ao acordo de colaboración coa Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias para o cumprimento das penas de traballo en beneficio da comunidade. Debido ao éxito da iniciativa, pasarán a ofertarse 6 prazas, en lugar de 2, para desenvolver actividades na Brigada de Obras e no Servizo de Protección Civil.

Por último, no que respecta aos expedientes de contratación, aprobouse o relativo ao contrato de servizos de 'Limpeza de praias do municipio de Carballo'. Mediante este contrato, a empresa adxudicataria comprometerase a ofrecer un servizo de recollida de residuos, tanto no areal como nas casetas de socorrismo e na zona verde circundante ás praias. O prezo do contrato é de 333.566,64 euros, para os catro anos previstos para a duración inicial do contrato, que ten posibilidade de prórroga, ata seis anos. Así mesmo, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación de dous vaos permanentes e a concesión de sete licenzas de obra.

Compartir: