Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conmemora con varios actos e cunha...

DOMINGO 22 DE NOVEMBRO: FEIRA DAS ASOCIACIÓNS

Carballo conmemora con varios actos e cunha declaración institucional o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Venres 20 de novembro do 2009

A Feira das Asociacións estará aberta o domingo 22 de novembro de 10.30 a 14.30 horas. Un total de 13 entidades participan nesta nova edición: Asociación Pro enfermos Mentais Os Chopos, Aspaber, Cáritas, Asociación de Fibromialxia, Médicos del Mundo, BNG, Galiza Nova, Mulleralia, a Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Casa de Uruguay 'El Ceibo', Íntegro, Terra de Homes e o Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo. Durante toda a mañá está previsto repartir lazos brancos entre todos os veciños e veciñas que asistan á feira. Ás 11.00 horas, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, lerá a declaración institucional contra a violencia de xénero subscrita polo pleno, e procederase á inauguración oficial da Feira.

O venres 27 de novembro é a quenda da mostra 'Evolución das mulleres galegas no ámbito laboral', organizada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Carballo. A exposición está elaborada con fotos de Xosé Abad e conta cun documento audiovisual realizado por Sandra G. Rey. A sala da baixocuberta do Pazo da Cultura de Carballo acollerá a mostra até o 15 de decembro en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas de luns a venres. Os sábados o horario de visita será de 11.00 a 14.00 horas e tamén será posible organizar visitas guiadas para grupos. Por último, os interesados e interesadas en ler o texto íntegro da ‘Declaración institucional do 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero', poden facelo nesta mesma nova.

Compartir: