Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca as II Olimpíadas...

INSCRICIÓNS NA AULA ABERTA DA RDSI NO PAZO DA CULTURA

O Concello convoca as II Olimpíadas Tecnolóxicas de Carballo, dentro das Xornadas Carballo PortaAberta

Xoves 26 de novembro do 2009

As probas realizaranse en dúas fases: unha destinada a favorecer o uso de ferramentas tecnolóxicas, e unha proba de coñecementos sobre Carballo. A primeira fase esténdese ao longo dunha semana. Nela, os participantes deberán resolver unha serie de preguntas sobre distintos aspectos do patrimonio existente no Concello empregando ferramentas tecnolóxicas (correo electrónico, blogs, redes sociais, etc.). Unha vez superada esta fase, haberá unha segunda, na que, nun espacio de tempo de aproximadamente 4 horas, os concursantes deberán responder a unha serie de preguntas relacionadas especificamente co patrimonio da vila de Carballo, a súa historia e a súa cultura.

A participación nestas xornadas está aberta a todo o público en xeral. Os únicos requisitos son ser maior de 12 anos, e presentarse formando un grupo de 3 persoas. Todos os grupos recibirán un pequeno obsequio pola súa participación, e os membros do grupo gañador recibirán un premio conmemorativo. A inscrición é de balde e está aberta dende o 25 de novembro. Para inscribirse nas Olimpíadas ou para solicitar máis información sobre as súas actividades, os interesados e interesadas poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Carballo, situado no Pazo da Cultura, 1º andar (rúa do Pan, s/n), chamar ao teléfono 981 704 300 ou mandar un correo electrónico ao enderezo: <soraya.carballo@dinamiza.fundacioncalidade.org>.

Compartir: