Inicio Carballo ao día Hemeroteca As obras para a mellora dos accesos ao porto de...

COLOCADO O AGLOMERADO NA RÚA GRAVADOR MANUEL FACAL

As obras para a mellora dos accesos ao porto de Razo, incluídas no POS 2009, entran na súa fase final

Mércores 2 de decembro do 2009

Por outra banda, xa están rematados os traballos para dotar de aglomerado a rúa Gravador Manuel Facal da capital municipal (na imaxe). Os operarios comezaron o pasado luns con esta tarefa, que forma parte do proxecto de urbanización do polígono 9 da capital municipal. Esta actuación supón a continuidade da rúa Gravador Manuel Facal e tamén serve para abrir un vial perpendicular en paralelo á Vila de Negreira, o que permitirá a futura conexión coa Avenida de Bergantiños, un novo eixo no rueiro carballés. Segundo informa a Concellaría de Obras, en pouco máis dunha semana tamén estará colocado o alumeado na zona, así como o mobiliario urbano que terminará de rematar a urbanización.

En canto á mellora da avenida de Bergantiños, na que comezaron os traballos a finais do mes de setembro, os operarios tamén están pendentes do cambio nas condicións meteorolóxicas para aplicar a capa de aglomerado, unha vez realizadas o resto das melloras. A empresa adxudicataria é Construcciones Vázquez y Reino e o proxecto conta cun orzamento de 126.440 euros con cargo aos fondos municipais. O obxectivo desta actuación é acondicionar a totalidade da vía para que os vehículos e os peóns poidan circular con normalidade despois da apertura ao tráfico rodado da avenida de Bergantiños hai aproximadamente dous anos.

Compartir: