Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Nadal Pequespectacular, as panxoliñas, a...

DO 9 DE DECEMBRO AO 10 DE XANEIRO

O Nadal Pequespectacular, as panxoliñas, a música, o teatro, Papá Noel e os Reis Magos artellan o Nadal Cultural 2009

Venres 11 de decembro do 2009

O Nadal Pequespectacular xa é unha referencia para os nenos e nenas da vila. Este ano aglutina tres actuacións e conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Entre o luns 28 e o mércores 30 de decembro o Pazo da Cultura acolle os espectáculos a partires das 18.00 horas. O luns 28 é a quenda da danza compañía Al Suroeste Teatro con 'Princesas: olvidadas o desconocidas'. O martes chega o teatro musical con Artestudio e 'A volta ao mundo en menos dunha hora'. Pecha o ciclo a compañía Berrobambán con teatro e a obra 'Bicharada'. As dúas primeiras funcións custan 3,5 euros e a última 2,5: 2,5 euros e 2, respectivamente, con desconto. Culmina este programa unha chocolatada na Ludoteca municipal, o mércores 30 ás 19.30 horas.

Precisamente a Ludoteca amplía o seu horario durante as datas do Nadal para atender aos máis cativos e cativas, que recibirán a visita de Papá Noel nos centros de ensino, coa novidade de que este ano tamén acudirá para ver aos nenos e nenas de Preescolar na Casa de Berdillo. Para os alumnos e alumnas de 4º de ESO e Primeiro e Segundo de Bacharelato, a compañía Espello Cóncavo representará a obra 'Anxeliños, o venres 18. Para pechas as actividades, o mércores 5 de xaneiro ten lugar a tradicional Cabalgata de Reis. As Súas Maxestades repartiranse este ano en 9 percorridos para chegar á maioría das parroquias carballesas.

O programa complétase con festivais musicais, de panxoliñas, con ciclos de Cine de Nadal, bailes, a presentación do libro de Rober Bodegas 'Pienso, luego ríes' e coa exposición 'Lugar de incendios' e a Primeira exposición de Motos Clásicas, que acollerá a sala da baixocuberta do Pazo da Cultura entre o 22 de decembro e o 24 de xaneiro. Un programa completo no que por primeira vez se conta co amplo patrocinio do tecido empresarial carballés, coa colaboración de Ifecgas Pereira, no alumeado das rúas, e de Atlántica de Construcciones e Medio Ambiente. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, fixo un chamamento de colaboración para "todos os que vivimos, sentimos e desfrutamos Carballo" e desexoulle bo Nadal a todos os veciños e veciñas.

Os interesados e interesadas poden consultar o programa completo de actividades nesta mesma nova, así como ver o cartel do Nadal Cultural 2009 e a postal de felicitación do Concello que saíron do Concurso de Cartel e Postal de Nadal 2009.

Compartir: