Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian os traballos para a dotación de...

ABERTA DE NOVO AO TRÁFICO A RÚA VILA DE NEGREIRA

Principian os traballos para a dotación de aglomerado na Avenida de Bergantiños da capital municipal

Mércores 16 de decembro do 2009

Por outra banda, a Concellaría de Obras tamén informa da apertura ao tráfico da rúa Vila de Negreira (na imaxe) despois da finalización das obras para a dotación da capa de aglomerado correspondente. Nestes momentos, o firme está rematado e tan só resta a colocación dun paso peonil elevado e a colocación dos sinais de tráfico horizontais e verticais. Debido a esta circunstancia, e mentres non se pode proceder ao pintado da zona, o Concello pide aos peóns e aos vehículos que circulen con precaución neste ámbito para evitar os accidentes. Nestes momentos tamén falta a colocación do mobiliario urbano, que se fará en breve.

Mentres que a actuación da avenida de Bergantiños realízase con cargo aos fondos municipais, as melloras na Vila de Negreira realízanse con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL) de 2009. O orzamento dos traballos, que están sendo realizados pola empresa Excavaciones y Obras Candal, ascende a 540.513,60 euros. O prazo de execución é de sete meses e o número de postos de traballo necesarios para este proxecto son 8, dentro da propia adxudicataria, e 4 de nova contratación. Dende o pasado 9 de decembro e ata hoxe día 16, a rúa estivo cortada ao tráfico precisamente debido aos traballos de dotación do firme. O Concello de Carballo pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas durante estes días.

Compartir: