Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello facilita informacion sobre a TDT e o...

ENTREGADOS OS PREMIOS DAS II OLIMPÍADAS TECNOLÓXICAS

O Concello facilita informacion sobre a TDT e o apagón analóxico no CPEC do polígono de Bértoa

Venres 18 de decembro do 2009

En Carballo, o sinal de TDT está garantizado grazas á instalación de emisores en Monte Neme, Monte Faro e San Paio, e a cobertura é dun 95 por cento, segundo Pérez. A Oficina de TDT asegura que se garantirá que todos e veciños e veciñas poderán contar co servizo. Entre as vantaxes da TDT, o técnico subliñou a posibilidade de desfrutar dun maior número de canais, unha mellor calidade de imaxe ou a disposición de servizos adicionais, como subtítulos, cambio de idioma ou guía de contidos. Tamén houbo recomendacións para os veciños o veciñas, como comprobar a boa recepción do sinal, ter a antena adaptada para a TDT e contar cun receptor do sinal. Algúns dos asistentes a Carballo PortaAberta interesáronse pola posibilidade da implantación de canais locais de TDT ou polas peculiaridades técnicas do novo servizo.

A Xornada Carballo PortaAberta tamén serviu como marco para a entrega de premios das II Olimpíadas Tecnolóxicas do Concello de Carballo, nesta edición centradas na figura de Alfredo Brañas. Participaron un total de seis equipos, con tres compoñentes cada un, e desnvolvéronse entre o 9 e o 16 de decembro, cunha última xornada moi emocionante que decidiu ao equipo gañador no último momento. Finalmente, o podio quedou así:

  • 1º Premio: 'RJ-45', equipo formado por David Eirís Rojo, Alberto Castiñeira Rodríguez e Manuel Díaz Cambón.
  • 2º Premio: 'As Chispiñas', con Lorena Jacome Brito, Mª Hermitas Pose Souto e Jesusa Ferreiro Varela.
  • 3º Premio: 'Montenemeteam', equipo formado por David Castro Viqueira, Diego Casais Fernández e Fidel Rodríguez Juncal.

Todos os participantes nas Olimpíadas recibirán un agasallo por parte da organización, e os tres primeiros clasificados recolleron, ademais, un diploma acreditativo.

Por último, onte tamén se fixo a entrega de diplomas do III Concurso Iniciativas da Rede de Dinamización da Sociedade da Información (RDSI), na categoría de maiores. Baixo o epígrafe 'Bergantiños, pasado e presente', celebráronse catro obradoiros ao longo do ano para commenorar o Día das Letras. Foron distinguidos Carmen Rial Arijón, Carmen Rodríguez Fernández, Raúl Alonso Víquez Guerra, José Fraga Serrano, Melchor García Varela, Alfredo Pena Suárez e José Souto Varela.

Compartir: