Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e a Obra Social de La Caixa colaboran...

O ACORDO IMPLICA UNHA ACHEGA DE 6.000 EUROS

O Concello e a Obra Social de La Caixa colaboran para mellorar o Servizo Municipal de Axuda no Fogar

Venres 18 de decembro do 2009

Ferrero quixo resaltar, ademais, que no ano 2003 o Servizo de Axuda no Fogar dispoñía tan só dun traballador no Concello, mentres que agora vai contar con 16 auxiliares cubrindo as necesidades das persoas dependentes. Son veciños e veciñas que precisan axuda para desenvolver as actividades básicas da vida cotiá ou que sofren perdas na autonomía física ou mental. Pola súa banda, Miguel Pérez explica que a Obra Social ten detectado nos últimos tempos un incremento das necesidades sociais, de aí a implicación da entidade coas persoas que o necesitan. Nas últimas semanas, La Caixa tamén ten realizado donacións a Cáritas de Carballo, así como colaboracións con outras entidades.

Nestes momentos, o Servizo de Axuda no Fogar de Carballo xa conta cunha ordenanza municipal, que se publicará nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia (BOP). En canto ao seu financiamento, recibe unha achega do 80 por cento do custo por parte da Xunta de Galicia, aínda que o 20 por cento restante finánciase con cargo aos fondos municipais, de aí a importancia da donación de La Caixa, segundo subliñou o Alcalde. Así mesmo, os Servizos Sociais teñen en marcha un Comedor sobre Rodas, que ofrece un servizo de comidas a domicilio para persoas dependentes. O Concello ten previsto para o próximo ano 2010 un desembolso de 25.000 euros para manter este servizo de comedor.

Compartir: