Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo pechou a Escola Obradoiro 'Casa dos...

A ACTIVIDADE PROLONGOUSE DURANTE 18 MESES

Carballo pechou a Escola Obradoiro 'Casa dos Oficios', que contou con 40 alumnos e alumnas

Mércores 23 de decembro do 2009

A Escola Obradoiro 'Casa dos Oficios' do Concello de Carballo dou comezou no mes de xuño de 2008 e contou cun claro obxectivo, que consistiu na adquisición, por parte dos mozos e mozas menores de 25 anos desempregados e desempregadas, de formación profesional e práctica laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública e interese social. Algúns dos traballos realizados polo alumnado desta Escola Obradoiro son a construción da Praza do Outeiro (situada fronte aos antigos xulgados), da Praza Eduardo Pondal (na rúa do mesmo nome no entorno do CEIP Bergantiños) ou da Nave 1 da Casa dos oficios do Proxecto Fórum Carballo (no barrio da Milagrosa).

José Antonio Viña quixo subliñar durante o acto o elevado rendemento desta Escola Obradoiro e animou aos alumnos e alumnas a que aproveiten o feito de ter estudado no Centro de Formación carballés "algo que ten prestixio en toda a comarca". Tamén lembrou que o Concello incentiva a inserción no mundo laboral do alumnado destas actividades formativas cunha pequena subvención para os empresarios e empresarias que os contraten. Evencio Ferrero resaltou que a aposta pola Escola Obradoiro é "unha aposta pola formación, a xuventude e o futuro", do mesmo xeito que o é o Proxecto Fórum Carballo, co que o alumnado colaborou na Casa dos Oficios. Por último, desexoulles a todos e todas éxito laboral, empresarial e profesional.

Compartir: