Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo pon en marcha a I Ruta do Pincho de...

FEIRÓN DE INVERNO 2010

Carballo pon en marcha a I Ruta do Pincho de Inverno entre o 30 de xaneiro e o 28 de febreiro

Sábado 23 de xaneiro do 2010

Outra das diferencias respecto do Pincho de Verán é o incremento na calidade dos pinchos. Así, os establecementos xa teñen entregado unha listaxe dos pinchos que van ofrecer cada día para subir a esixencia na súa presentación e elaboración. Algunhas das apostas son: crêpes de bechamel e marisco; bolos preñados; filloas recheas; ou crema de queixo do Cebreiro con crema de membrillo e noz caramelizada. Tamén se subliña o protagonismo de produtos locais, coa presenza en moitos dos pinchos do pan de Carballo. Os establecementos que toman parte na iniciativa son: Cafetería Habanos 79, Mesón A Cabaña, O Xabarín, Cafetería Baños Viejos, Os Mareantes, Restaurante-Vinoteca Rincón de Elías, Restaurante Bergantiños, O Rincón - Viños e Xantares, Cervecería Dublín Carballo, Café-Vinoteca Ánfora, Cafetería El Juzgado.

No que respecta aos sorteos, existen dúas modalidades. Hai un primeiro premio: unha estadía dunha fin de semana para dúas persoas no Balneario de Carballo a media pensión e con acceso a un tratamento termal. E un segundo premio: unha cea por valor de 100 euros para dúas persoas no Rincón de Elías, local que resultou elixido a través dun sorteo entre os participantes. Para acceder ao primeiro premio será necesario ter completado a Ruta do Pincho de Inverno por completo, parando nos once establecementos, que se encargarán de distribuír e selar un cartón que permite acceder ao sorteo, e que se poderá depositar en calquera furna dos bares e cafeterías da ruta. Para acceder ao segundo premio só e necesario ter participado na Ruta do Pincho de Inverno en calquera dos establecementos.

Ángel Latasa, do Café-Vinoteca Ánfora, desexou, en nome de todos e todas os hostaleiros que a participación sexa alomenos tan elevada coma no verán, e manifestou o desexo dos participantes de que se poida potenciar a gastronomía carballesa con esta actividade. Á súa vez, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que presentou a iniciativa xunto co Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín, felicitou a todos os participantes na ruta e subliñou que "ese é o camiño que pode contribuír a fidelizar aos clientes e aos visitantes a Carballo" e desexou que a partires do último domingo de xaneiro, e durante un mes, "as familias desfruten aínda máis de Carballo e da gastronomía local".

Compartir: