Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e R acordan levar a nova...

CONVENIO DE COLABORACIÓN

O Concello e R acordan levar a nova infraestructura de fibra óptica ao municipio

Venres 25 de novembro do 2005

R prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade e televisión a máis de 11.000 fogares e locais empresariais carballeses. Cun investimento superior ós 6,6 millóns de euros, R despregará o seu cableado e os seus equipos e realizará as canalizacións necesarias para prestar servizo na zona centro, seguida da Cristina, Ambulatorio, Anllons (A Casilla) e Ponte da Pedra. O obxectivo da empresa é comezar a prestación de servizos no segundo semestre do 2006, así como instalar cabinas telefónicas en distintos puntos do concello, abrindo por vez primeira en Carballo o servizo de telefonía pública á libre competencia. Esta actuación de R no concello de Carballo nace co obxectivo de satisfacer a demanda de novos servizos de comunicacións por parte dos veciños que deciden instalarse nos entornos metropolitanos das cidades. Neste senso, a rápida posta en marcha do proxecto de R en Carballo apoiouse na plena disposición e colaboración do Concello de Carballo, que dende o inicio manifestou o seu interese por situar esta poboación ao máis alto nivel en canto á dotación das infraestruturas tecnolóxicas, así como por facilitar ós seus ciudadáns o acceso a todos os servizos da sociedade da información. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, explicou que "acabamos de facer distintas contribucións á modernización de nosa localidade, e nesa liña queremos seguir traballando. E neste caso, consideramos imprescindible para o adecuado desenvolvemento socioeconómico e o crecemento empresarial de Carballo a instalación da nova infraestrutura de telecomunicacións por fibra óptica". Ademáis, engadiu que "o acordo vai posibilitar que o noso espazo se abra ás novas tecnoloxías tanto para os veciños como para as empresas e esperemos que o despregue se faga cos menores trastornos para os veciños". Segundo o director xeral de R, Arturo Dopico, "R está a facer un esforzo por materializar o seu compromiso con Galicia e estender ó máximo número posible de cidadáns a infraestrutura de telecomunicacións máis avanzada a nivel mundial. Por iso, para nós é fundamental poder contar coa colaboración das administracións locais, como é o caso do Concello de Carballo, de xeito que poidamos poñer a disposición de todos os novos servizos da sociedade da información". Ademáis, recalcou "a perfecta e maravillosa acollida por parte do Concello e a comprensión da importancia da inversión en telecomunicación para Carballo".

Compartir: