Inicio Carballo ao día Hemeroteca O grupo de carballeses do proxecto...

A EXPEDICIÓN ITALIANA VISITARÁ CARBALLO EN SETEMBRO

O grupo de carballeses do proxecto 'Participando' estivo intercambiando experiencias en Turín e Tortona entre o 13 e o 17 de xullo

Mércores 28 de xullo do 2010

Este ano Turín é a capital europea da xuventude, o cal mostra a transcendencia e importancia que ten a participación xuvenil nesta cidade italiana. A delegación carballesa tamén visitou varios centros de protagonismo xuvenil na cidade de Turín, así como o Centro OFF e o Consello Municipal da Xuventude en Tortona. A valoración do encontro foi moi positiva e os concellos participantes esperan que este partenariado poida consolidarse para levar a cabo futuros proxectos no ámbito da mocidade. En canto ás actividades previstas, ademais dous dous intercambios entre Turín e Tortona e Carballo, está previsto desenvolver xuntanzas virtuais para a posta en común das experiencias atopadas, cuxas conclusións e boas prácticas serán publicadas ao final do proxecto e establecerase así mesmo unha rede de intercambio virtual, entre os actores involucrados no proxecto para que exista un intercambio regular de información, discusión e formulación de propostas.

Participando: os concellos e a mocidade', ten como obxectivos concretos reflexionar sobre a importancia da participación a nivel local como unha ferramenta para o fortalecemento da democracia europea, pero tamén contribuír a identificar os obstáculos á participación da xente nova e desenvolver respostas que axuden a superar eses obstáculos; intercambiar información, ideas e puntos de vista sobre temas de interese común para a xente nova de España e Italia; recompilar experiencias e intercambiar análises sobre os procesos e mecanismos de participación dos mozos e mozas nos municipios; animar ao diálogo e achegar á xente nova cos responsables políticos; contribuír á identificación, diseminación e transferencia de ferramentas e mecanismos para a participación local da mocidade a nivel europeo; ou identificar as necesidades e expectativas de maneira que se logre mellorar os mecanismos de participación xuvenil existentes e avaliar a posibilidade de crear uns novos.

Compartir: