Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicación provisional do arrendamento...

APROBACIÓN DO PROXECTO DE REPARCELACIÓN DO POLÍGONO 32

Adxudicación provisional do arrendamento dos despachos do Centro de Promoción Económica de Bértoa

Luns 30 de agosto do 2010

Estes espazos situados no CPEC creáronse para asumir o uso das funcións propias das asociacións de carácter empresarial que se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Entidades e Asociacións de Participación Cidadá do Concello de Carballo que concorreron a un concurso público. O edificio do CPEC conta con dúas plantas, 8 despachos (3 na planta baixa e 5 na superior) e unha sala de reunións, e cun total de 216,46 metros cadrados. Nestes momentos alberga a Antena Local da Cámara de Comercio en Carballo e o despacho da Técnico de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello. A Xunta de Goberno tamén supuxo a aprobación definitiva, no terreo urbanístico, do Proxecto de reparcelación do Polígono 32 do PXOM, situado no entorno das rúas Calas, Nardos e Begonias da capital municipal. Mediante este acordo o Concello obtén varias parcelas de cesión obrigatoria: unha edificable de 1.684,32 metros cadrados; e seis cunha superficie de 8.644,02 metros cadrados destinadas a rede viaria e zona verde, sendo a zona verde de 3.617,66 metros cadrados.

Entre os asuntos relevantes da orde do día hai que subliñar, así mesmo, a aprobación de catro expedientes de contratación referentes a melloras de vías incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal e da rede viaria local do ano 2010 (POS 2010): contrato de obra 'Acondicionamento de viais nas parroquias de Goians, Bértoa, Cances e Carballo', cun prezo base de licitación de 112.769,76 euros; 'Aceras en Canosa - parroquia de Rus' cun prezo base de licitación de 169.850,91 euros; contrato de obra 'Aceras Ponte Rosende - Igrexa de Ardaña, parroquia de Ardaña' cun prezo base de licitación de 181.370,51 euros; e 'Aceras en Taboada - Entrecruces' cun prezo base de licitación de 40.376,57 euros.

Compartir: