Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde traslada diversas necesidades ao...

REUNIÓN EN SANTIAGO

O alcalde traslada diversas necesidades ao Presidente da Xunta

Luns 28 de novembro do 2005

Evencio Ferrero aproveitou o encontro para trasladar ao presidente da Xunta a posibilidade de que a estrada que une Carballo con Santiago pase a ser competencia da Xunta, además de sopesar a gratuidade da autopista que une Carballo con A coruña e unha posible prolongación cara o sur. Tamén se deu conta das carencias enerxéticas do municipio e outros aspectos que se abordarán máis en profundidade a mediados do vindeiro mes de xaneiro, nunha nova xuntanza na que participarán técnicos que reflexionen sobre as carencias hoxe plantexadas. O alcalde de Carballo, ademáis, entregou ao Presidente da Xunta o dossier que lle está facendo chegar aos altos cargos da Xunta de Galicia, e que reflexa as principais necesidades para a localidade. Evencio Ferrero catalogou o encontro de "altamente positivo no sentido de que todos os concellos da Costa da Morte tiveron a oportunidade de trasladar ao Presidente da Xunta as súas necesidades, ademáis de ser a primeira vez que un Presidente da Xunta nos recibe de forma conxunta". O alcalde de Carballo engadiu que "valoramos ese xesto de maneira altamente positiva e esperemos ter ocasión de participar na elaboración do Plan Director Territorial".

Compartir: