Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Padroado Deportivo Municipal supera no mes de...

SUPÓN UN INCREMENTO DUN 80 POR CENTO RESPECTO DE HAI UN ANO

O Padroado Deportivo Municipal supera no mes de setembro os 3.000 abonados

Venres 10 de setembro do 2010

As novas actividades comezan a partir do luns 4 de outubro na Piscina Vila de Noia nos seguintes horarios:

  • Natación para bebés (de 1 a 3 anos)
    • Grupo A.- Venres 11:00 horas
    • Grupo B.- Venres 16:15 horas
    • Grupo C.- Sábados 13:15 horas
  • Natación para embarazadas
    • Grupo A.- Venres ás 10:00 horas
  • Aquagym
    • Grupo A.- Mércores e venres ás 12.00 horas
    • Grupo B.- Venres ás 20:30 horas

Así mesmo, mantense a oferta doutros anos, de xeito que o luns 13 de setembro comezan a desenvolverse as actividades nos complexos deportivos municipais para os seguintes cursos:
  • Cursos de natación de familiarización (nenos)
  • Cursos de natación de iniciación (nenos e adultos)
  • Cursos de natación de perfeccionamento (nenos e adultos)
  • Cursos de actividade acuática para maiores de 60
  • Cursos de natación terapéutica
  • Cursos de natación para discapacitados (centro ASPABER)
  • Sala de fitness
  • Cursos de ximnasia de mantemento para adultos
  • Escolas e adestramentos clubs federados de Natación e Salvamento Deportivo

Ademais os abonados tamén poden desfrutar de baño libre nas dúas piscinas e da zona SPA (Sauna, Baño Turco, Cabinas de chorros, Jacuzzi, etc.) da Piscina Vila de Noia.

Compartir: