Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Club Golpe Pitch&Putt organiza un...

DOMINGO 7 DE NOVEMBRO DE 9.00 A 21.00 HORAS

O Club Golpe Pitch&Putt organiza un maratón de golf de 12 horas no maior burato do mundo

Venres 5 de novembro do 2010

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quiso subliñar o feito de que se empregue o espazo natural de Razo-Baldaio como un entorno axeitado para a práctica do deporte, e que neste caso serva para ofrecer una visión diferente do mundo do golf. Dende a organización, Carolina Martínez Rega subliña o carácter lúdico da iniciativa, que se crea como unha cita festiva na que, ademais dos premios aos mellores clasificados, hai un "Trofeo animoso para o último clasificado". Así mesmo, José Luis Martínez Souto tamén explica o motivo de que a actividade, que chega xa á súa edición número sete, se celebre en novembro. A primeira razón é que en verán a cantidade de xente que asiste aos areais de Razo e Baldaio impediría o desenvolvemento do maratón. A segunda é que hai que atopar un día en que a marea baixe o bastante como para permitir que o xogo teña lugar, deixando unha marxe de incluso 300 ou 400 metros de maniobra. Outro dos obxectivos da organización co desenvolvemento da proba é tamén desmitificar o mundo do golf como un deporte para unha determinada clase, ofrecendo a súa faciana máis divertida.

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, subliñou "a singularidade da proba", que conta con valores innovadores como o feito de que "se xogue nunha praia quilométrica" co obxectivo de embocar nun burato de catro metros. Así mesmo, resaltou que os participantes teñen unha oportunidade para desfrutar da excepcional paisaxe e tamén para desbotar ideas precondibidas do mundo do golf e romper tabúes. No que respecta á normativa da proba, téñense en conta circunstancias especiais, como o feito de que estea permitido recuperar as bolas que acaben no mar, que teñan que ter en conta as dunas ou que nos charcos ou zonas de pedras non se poidan empregar tees aínda que si mover a bola sempre que non se gañe distancia. O prezo para os participanes na proba é de 10 euros para os abonados do Club Golpe Pitch&Putt e de 12 euros para os non abonados, incluíndo a comida. Así mesmo, cada acompañante deberá abonar 10 euros. Pode obterse máis información en <www.golpegolf.com>.

Compartir: