Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases para convocar...

CONTRATACIÓN PARA O SUBMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA

Aprobadas as bases para convocar subvencións para a realización do programa de actividades culturais do ano 2010

Luns 8 de novembro do 2010

No apartado de subvencións tamén hai que mencionar a concesión de axudas a asociacións para o desenvolvemento de actividades puntuais durante o ano 2010, que supón outorgar 36 subvencións por un importe total de 18.476 euros. Así mesmo, a Xunta de Goberno ratifica a adxudicación de subvencións a asociacións sen ánimo de lucro que desenvolven actividades no eido dos servizos sociais, e que supón a concesión de 13 axudas por un importe total de 12.900 euros. No que respecta a convenios, a Xunta de Goberno aproba un acordo co AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) coa proposta da programación do segundo semestre, para novembro e decembro de 2010. Por último, sae adiante un convenio para o desenvolvemento de prácticas non laborais a maiores das horas lectivas do curso dentro da programación das Accións Formativas para desempregados/as (plan AFD) para o ano 2010, que consiste en que catro alumnos do Curso de Chapista pintor de vehículos poidan realizar prácticas coas empresas que se queiran adherir ao acordo.

Así mesmo, apróbase o expediente para a contratación do "Subministro de enerxía eléctrica en baixa tensión do Concello de Carballo". Iníciase de novo o expediente, por medio de tramitación urxente e cun prazo estipulado de duración do contrato de tres anos. No apartado urbanístico, e fóra da orde do día, a Xunta de Goberno inclúe un modificado da licenza de parcelación no ámbito SRAU-1, zona residencial situada en Bértoa. A reunión supuxo ademais a concesión dunha licenza de parcelación en Mirón, Bértoa; a concesión de dous vaos permanentes; a concesión de dúas licenzas de obra; de tres licenzas de obra e apertura; e dúas licenzas de primeira ocupación e apertura. Tamén tivo lugar unha corrección de erros na adxudicación provisional do contrato de obra para a construción de "Beirarrúas en Ponte Rosende-Igrexa de Ardaña, parroquia de Ardaña", incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal e da Rede Viaria do ano 2010 (POS 2010).

Compartir: