Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello instala dous Minipuntolimpos para...

NA RÚA FOMENTO E NA PRAZA DO CONCELLO

O Concello instala dous Minipuntolimpos para recollida selectiva en dúas rúas do centro carballés

Mércores 1 de decembro do 2010

As concellarías de Servizos e Medio Ambiente, tamén queren lembrar o funcionamento do Punto Limpo Móbil, que está en marcha o primeiro martes de cada mes. Para desfacerse dos chamados voluminosos, principais residuos atopados nos vertedoiros incontrolados (electrodomésticos, sofás, colchóns, televisores, mobles, etc.) a través deste servizo, hai que chamar previamente, alomenos con 24 horas de antelación, ao 981 701 642. Estes restos tamén poden levarse voluntariamente ata o Punto Limpo carballés situado no polígono de Bértoa, que está aberto os martes, xoves e sábados de 10:00 a 13:00 horas. No punto limpo de Carballo poden depositarse os residuos perigosos do fogar, como o aceite de cociña usado, os electrodomésticos, voluminosos ou calquera outro tipo de lixo, agás a materia orgánica. Así, no Punto Limpo existen colectores específicos para mobles vellos, electrodomésticos, enseres domésticos, roupa, pneumáticos, radiografías ou cascallos procedentes de pequenas obras.

En resumo, o Punto Limpo funciona como lugar de recollida de todos aqueles obxectos ou materiais non orgánicos que a cidadanía non sabe onde depositar. A maioría dos residuos depositados no Punto Limpo non son considerados lixo, ao poder ser reutilizados para novas funcións. Os materiais non aptos para a reciclaxe son enviados a plantas de tratamento especializadas. Ademais, o centro urbano de Carballo dispón dun servizo de recollida selectiva de lixo. Os habitantes do municipio poden contribuír deste xeito á defensa do medio, separando o lixo no seu domicilio. Existen colectores específicos para cada tipo de refugallos. Así, os restos orgánicos deben depositarse no colector verde, os bricks e as latas no colector amarelo e o papel e o cartón no azul. O vidro deposítase nos iglús verdes. Por último, as baterías e os medicamentos son recollidas en diversos establecementos colaboradores e nas farmacias da Vila, respectivamente, e agora tamén nos Minipuntolimpos.

Compartir: