Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo recibiu unha...

GALA O VENRES 10 DE DECEMBRO ÁS 20.00 HORAS

O Concello de Carballo recibiu unha mención especial nos premios anuais da Federación Galega de Balonmán

Sábado 11 de decembro do 2010

Unha das grandes novidades dos premios do presente ano foi a denominación do premio ao mellor adestrador. O balonmán galego perdeu hai pouco máis dun mes a unha das súas grandes figuras, o adestrador Alejandro López e na súa homenaxe a xunta directiva da Federación Galega de Balonmán decidiu dar o seu nome a este galardón que se chamará "Premio Alejandro López". Desta forma, os primeiros (en partida dobre) en recibir este premio foron José Ramón Muñoz "Jota" (adestrador do Seis do Nadal) e Roi Sánchez, seleccionador galego cadete, que acadou o título de Campión de España cadete no presente ano. No premio aos mellores xogadores da pasada tempada, a Federación Galega apostou pola xente nova que vén con moita forza dende as categorías inferiores e que xa están amosando un magnífico nivel tanto nos seus equipos como nas convocatorias internacionais. Tanto Pablo Cacheda coma Estela Doiro son incuestionables en Academia Octavio e BM Porriño, a pesar da súa curta idade. Ambos foron elixidos como o mellor xogador e xogadora do ano 2010.

No premio ao mellor clube, o xurado optou por dar un premio dobre, xa que considerou que ambos clubes teñen o mesmo mérito: o ascenso á Primeira Nacional Masculino. Os galardoados foron o Seis do Nadal de Coia e o BM Lavadores, que remataron a tempada cun meritorio ascenso de categoría. Os árbitros premiados foron Martín Rodríguez Mondelo e Daniel Portela Fernández, que na tempada 2009/10 ascenderon á División de Honra Prata, mentres que a entidade premiada foi Conservas Boya polo apoio prestado ao balonmán como patrocinadora do Camariñas. O premio á entidade que máis aposta pola base oi recollido polo Balonmán Pavillón de Ourense, mentres que Balonmán Porriño foi o premiado pola promoción do balonmán feminino. A Federación Galega elixiu como mellor dirixente do balonmán galego a Esperanza Iglesias Vilachá, presidenta do Atlético Guardés, mentres que como mellores medios de comunicación foron homenaxeados Radio Vigo e a edición do Deza da Voz de Galicia.

Os interesados e interesadas poden descargar a relación completa de premiados en pdf nesta mesma nova.

Compartir: