Inicio Carballo ao día Hemeroteca O número de matrículas da Escola...

ENTREVISTA CO DIRECTOR XERAL DE EDUCACIÓN

O número de matrículas da Escola Oficial de Idiomas pasa de 89 a 602 dende a súa creación no curso 2004-2005

Luns 20 de decembro do 2010

Evencio Ferrero e Mar Eirís plantexaron, así mesmo, a necesidade de incrementar o orzamento destinado ao mantemento dos servizos da EOI, xa que nestes momentos o centro xenera custes cada vez máis elevados, baseados na realización de máis de 35.000 fotocopias por curso, o material para as aulas (incluíndo, taboleiros, armarios, encerados, televisores ou DVDs), luz, auga, calefacción, teléfono e Internet, ademais do traballo administrativo e dos conserxes para manter a EOI en marcha. Segundo explica Mar Eirís, Carballo solicita que se incremente a axuda económica por parte da Consellería de Educación, da que depende o centro, para poder asumir os gastos, especialmente porque hai EOI de menor tamaño que reciben máis orzamento para o seu funcionamento, e nestes momentos os custes están sendo asumidos na súa practica totalidade polo Concello. Neste caso, José Luis Mira Lema comprometeuse a estudar o orzamento actual para tentar atender esta demanda.

Por último, os representantes do Goberno carballés insistiron durante a xuntanza en que a EOI carece de vantaxes organizativas, como o feito de poder contar con dirección, xefatura de estudos, secretaría ou vicedireccións propias. En concreto presentouse un escrito no que se subliña que "para unha escola con tanto alumnado nestes momentos a falta de persoal administrativo e equipo directivo fai que a marcha da escola dependa dunha soa persoa", que é a figura da Xefatura de Estudos. Dos 602 alumnos e alumnas deste curso, 407 están en inglés; 86 en francés; 46 en alemán; e 42 persoas asisten a cursos de formación para o profesorado, ademais de que no futuro esperan poñerse en marcha cursos para outros colectivos, como por exemplo o empresariado da zona, para contribuír á súa formación. Respecto na evolución do incremento de matrículas, o francés sumouse á escola no curso 2006-2007, mentres que o alemán incorporouse no curso 2008-2009. Nos últimos tres cursos o número de alumnos ten pasado de 345 a 506 e finalmente 602 este ano, chegando a practicamente duplicarse nos tres últimos cursos.

Compartir: