Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello convoca a XIII edición do...

O PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATA O 7 DE FEBREIRO

O Concello convoca a XIII edición do Certame Fotográfico 'Xosé Manuel Eirís'

Martes 21 de decembro do 2010

A dotación total do concurso é de 1.850 euros en premios, repartidos nas seguintes categorías:

  • Primeiro premio: 700 euros e diploma.
  • Segundo premio: 450 euros e diploma.
  • 'Premio Especial Carballo' á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 450 euros e diploma.
O xurado tamén poderá conceder accésits por un importe total de 250 euros. Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras, aínda que cada imaxe non poderá obter máis dun premio. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor e o tema das imaxes é libre.

A presidencia do xurado será asumida polo Alcalde do Concello de Carballo ou persoa en quen delegue. A composición do xurado, que non se fará pública ata o día do fallo, contará coa presenza de persoas vinculadas ao eido da fotografía e da imaxe, dun representante das asociacións culturais de Carballo e dun ou máis representantes do Concello de Carballo. O Concello realiza habitualmente unha exposición cos traballos presentados no prazo de catro meses dende a data do fallo do xurado. Os traballos poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo, no Rexistro auxiliar de Cultura ou por correo certificado en sobre pechado no que deberá presentarse toda a documentación necesaria, facendo constar no remite o pseudónimo empregado, xa que todas as obras se presentan baixo alcume. Os interesados e interesadas en consultar as bases polo miúdo, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: