Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello aproba a adhesión a un convenio...

EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA O SUBMINISTRO DE GASÓLEO

O Concello aproba a adhesión a un convenio para desenvolver a administración electrónica e outro para a promoción da saúde

Luns 31 de xaneiro do 2011

Este acordo inclúe, para o ano 2011, a realización e desenvolvemento de programas de prevención de transtornos adictivos, programas de prestación de asistencia sanitaria e atención aos transtornos adictivos (especialmente a través das UAD, Unidades Asistenciais de Drogodependencias), así como as axudas para o mantenemento de centros de saúde e PACs (Puntos de Atención Continuada) de titularidade municipal. Con este convenio preténdese simplificar trámites, unificar as distintas axudas, dar autonomía ao concellos para que poidan adoptar as cantidades achegadas á realización das actividades segundo as súas necesidades ou anticipar as transferencias económicas ao permitir o convenio librar o 80 por cento dos fondos como anticipo no momento da súa sinatura. En materia de expedientes de contratación aprobouse o referido ao "Subministro de gasóleo para a calefacción de centros públicos municipais do Concello de Carballo", mediante prodecedemento aberto cun único criterio de adxudicación que é o "factor prezo". A duración prevista do contrato é dun ano a contar dende a data da súa formalización, coa posibilidade de ser renovado por un ano máis. Neste apartado tamén saíu adiante unha modificación do expediente de contratación da obra "Eliminación de barreiras arquitectónicas no CEIP Fogar", que contará cun orzamento final de 194.871,12 euros.

No que respecta a subvencións, a Xunta de Goberno solicita á Consellería de Traballo e Benestar unha axuda para a contratación de 12 traballadores (3 engargado-condutor e 9 peóns) por un período de 12 meses para o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) ao abeiro das subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades locais. Así mesmo, solicítase á Consellería de Medio Ambiente axuda para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos sólidos urbanos, neste caso co transporte dos restos de bolsa negra ata a estación de transferencia ou planta de xestión máis próxima. Trátase dunha subvención cofinanciada polos fondos europeos Feder Galicia 2007-2013. Outro dos asuntos da orde do día é a dación de conta do resumo de ingresos da recadación municipal durante os meses de novembro e decembro de 2010. De caixa municipal en novembro foi de 74.417 euros e en decembro de 67.762 euros. De recadación municipal foi en novembro de 1.586.255 euros e en decembro de 169.440 euros. Por último, a Xunta de Goberno supuxo a concesión de dous vaos permanentes, de dúas licenzas de apertura por actividades molestas; de catro licenzas de obra; de tres licenzas de obra e apertura; de dúas licenzas de primeira ocupación e de dúas licencias de parcelación en Outeiro e Castrillón.

Compartir: